Luo Kai Electrics
Descripción
Parácheste a pensar no custo de produción dunha batería de vehículo eléctrico? Coñeces o impacto ambiental que teñen?
Luo Kai Electrics preocúpase por este tipo de cuestións, por iso nosa misión é alongar a vida das baterías todo o posible. Traballamos en innovación en vehículo eléctrico e por iso desenvolvemos novas oportunidades para a xanela ao negocio que supón o boom do sector.
A recuperación de baterías de vehículos híbridos supón un paso máis cara á estandarización do sector do vehículo eléctrico. Recuperar a enerxía do teu vehículo en calquera taller da túa zona é fundamental para normalizar o uso de vehículos híbridos e posteriormente os eléctricos.
LK Electrics desenvolve máquinas que permiten esta recuperación e que o teu taller poida ofrecer este novo servizo.
Ademais, unimos este servizo á formación en seguridade. Os vehículos eléctricos e híbridos son moi distintos aos convencionais de combustión. Desexamos evanxelizar o seu tipo de mantemento para que os nosos compañeiros de talleres traballen con eles da forma máis segura posible.
Luo Kai Electrics, recupera a túa enerxía!