High Tech Auto
OBXECTIVOS


CONTRIBUIR
ao desenvolvemento do tecido produtivo dun sector estratéxico da Comunidade Autónoma de Galicia e priorizado dentro da estratexia de especialización intelixente RIS3, como é o sector da automoción e o seu auxiliar.

PROMOVER
un ecosistema de innovación do sector automoción e os seus auxiliares en Galicia, que integre a emprendedores, empresas, sistema de coñecemento e I+D+ i, administración pública e entidades de financiamento.

FAVORECER
a transferencia de tecnoloxía do ámbito académico e tecnolóxico ao tecido empresarial do sector da automoción e o seu auxiliar a través de vehículos de transferencia de tecnoloxía. Logrando un impacto nas empresas existentes no sector e na sociedade galega.
DESTINATARIOS

O PROGRAMA ESTÁ ABERTO A TODAS AQUELAS INICIATIVAS EMPRENDEDORAS DE CARÁCTER INNOVADOR VINCULADAS CO SECTOR DE AUTOMOCIÓN, SECTOR AUXILIAR DE COMPOÑENTES E SERVIZOS AVANZADOS PARA A INDUSTRIA DA AUTOMOCIÓN, XA SEXA EN PRODUTO/SERVIZO, EN PROCESOS E/OU NO MODELO DE NEGOCIO, OU TECNOLOXÍAS.
METODOLOXÍA


SERVIZOS DA HIGH TECH AUTO

Articularase un conxunto de programas destinados a proporcionar servizos que faciliten a transferencia aos proxectos incubados. Os proxectos participarán en programas para promover a innovación, sesións de mentorización e formación. Asistirán a sesións de grupo e a sesións individuais adecuadas ás necesidades de cada proxecto, así como en xornadas de networking. Tamén participarán en sesións de acceso o financiamento e programas de internacionalización.

PRE-INCUBACIÓN
TALLERES DE FOMENTO DA INNOVACIÓN
Establécese un conxunto de talleres que reforzarán os proxectos seleccionados permitiendo o santo de “IDEA” a “PROXECTO EMPRESARIAL”

PRE-INCUBACIÓN
PROGRAMAS FORMATIVOS E DE MENTORIZACIÓN
A Incubadora de Alta Tecnoloxía do Sector da Automoción conta con programas formativos e de mentorización dirixidos a favorecer a preincubación, incubación e a consolidación dos proxectos incubados.

INCUBACIÓN
PROGRAMA DE INTERNACIONALIZACIÓN
Desenvolvemento dun programa para a operación tecnolóxica internacional e a internacionalización dos emprendedores e as empresas micropymes incubadas.

INCUBACIÓN
PROGRAMAS NETWORKING
Para favorecer o networking dos proxectos, a incubadora promove un ambicioso programa orientado a establecer contactos entre los distintos Stakeholders asociados aos mesmos.

INCUBACIÓN
ACCESO A FINANCIAMENTO
Apoio de diferentes entidades de financiamento, fondos de inversión e empresas de capital riesgo que buscarán apoiar financieramente e mediante inversión directa as empresas incubadas.
ACCESO AOS ESPAZOS FÍSICOS DA INCUBADORA

Tódoslos proxectos que foros elixidos para participar no programa da Incubadora High Tech Auto de Galicia terán a condición de beneficiarios das instalacións e espazos da Incubadora. A Incubadora conta cos espazos e equipamentos necesarios para favorecer a incubación e desenvolvemento dos proxectos incubados:

ESPAZO DE INCUBACIÓN COMPARTIDO (COWORKING)
para favorecer a creación dun ambiente propio para un bo desenvolvemento do proxecto e a cocreación.

SALAS INDIVIDUAIS
a disposición de todos os proxectos para celebrar reunión ou outros evetos se así se require.

LABORATORIO DE FABRICACIÓN E SERVIZOS DIXITAIS E TECNOLÓXICOS DA AUTOMOCIÓN
para promover e facilitar a transferencia tecnolóxica, que aglutinará equipamento tecnolóxico e dixital destiando para validar productos e servizos dos proxectos incubados, ou madurar e adaptar o desenvolvemento dos mesmos hacia empresas do sector da automoción e auxiliares.