O PROXECTO WAVYDRIVE ASINOU CON NORAUTO

Imaxe procedente de Programa Minerva: https://www.programaminerva.es/

 

WavyDrive é un proxecto da I edición que trata sobre unha App de automoción que facilita o contacto entre condutores e talleres.

Este proxecto acaba de dar un paso de xigante no seu avance asinando con Norauto, referente en España polo seu liderado como cadea de autocentros no mantemento e equipamento do automóbil, sendo a maior empresa de rede de talleres de España.

Desta maneira, todos os talleres de Norauto España pasarán a formar parte da comunidade de talleres de WavyDrive.

Desde a High Tech Auto estamos especialmente ilusionados polo crecemento de WavyDrive e desexámoslles moito éxito con esta nova noticia.

Podes ler máis información sobre esta noticia picando aquí.