A INCUBADORA HTA NO FORO TECNOLÓXICO DA UVIGO

O 9, 10 e 11 de marzo de 2022 o equipo da incubadora High Tech Auto estaremos a inspirar a estudantes a emprender patrocinando o Foro Tecnolóxico.

Durante estas xornadas, contaremos co testemuño doutros estudantes da Universidade de Vigo que finalmente acabaron no mundo do emprendemento coa axuda da incubadora HTA. Eles son:

  • Marta Álvarez Herda, Ignacio I. e Adrián Marnotes Rodríguez de VI&GO Mobility
  • Rita Pérez Carou de Navia3D
  • Pablo Guillán Rodríguez de DOOROTI

Organizamos con eles unha conferencia para que nos conten de primeira man como é emprender con HTA. Ademais, tamén participará na conferencia Maruxa Álvarez da incubadora da Universidade de Vigo Incuvi para falarnos sobre como apoian desde a universidade as iniciativas emprendedoras.