NACEN OS BEERTECH BY HTA

Se che gustaría tomar algo cos proxectos de HTA, coñecer a súa experiencia e facer networking xa podes asistir aos Beertech.

Os Beertech son sesións abertas a todos (interesados, colaboradores…) que terán lugar o primeiro xoves de cada trimestre. Nelas, un proxecto das tres edicións virá contar o seu caso e compartir experiencias. É ideal para facer networking entre todos mentres vos tomades unhas cervexas.

No Beertech deste xoves 7 de abril estará Marcos Vázquez Silva do proxecto Sound Auto, que vos poderá contar de primeira man as súas reunións con Dolby Laboratories e como conseguiron aprobar con eles a realización de probas nun dos seus coches e en que consistiron.

Se queres coñecer en persoa aos proxectos HTA, xa podes apuntarche ao Beertech deste xoves e vir tomar algo á fábrica de chocolate de Vigo.