Evento de presentación co CTAG

O próximo martes 28 de xuño ás 12:00h. realizarase un evento online de presentación da incubadora High Tech Auto co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia.

No evento detallaranse as oportunidades e vantaxes que ofrece a incubadora aos proxectos participantes, o proceso para inscribirse na nova edición da HTA e contaremos coa testemuña dun caso de éxito da edición anterior.

O programa do evento será o seguinte:

12:00 – 12:05  Benvida Ana Paul, Directora División de Innovación Tecnolóxica do CTAG
12:05 – 12:20  Características 4ª Edición HTA, Heiko Unzalu, Coordinador HTA
12:20 – 12:25  Caso de éxito de HTA
12:25 – 12:30  Fany Suarez, Subdirectora da Oficina Galicia Emprende, Igape
12:30 – 12:40  Preguntas audiencia
12:40 – 12:45  Peche Ana Paul, Directora División de Innovación Tecnolóxica do CTAG

INSCRIBIRME