Hackathon 3 Days 4 Future

Esta fin de semana colaboramos coa Universidade de Vigo para celebrar 3 Days 4 Future, un programa intensivo de emprendemento en mobilidade inclusiva que se enmarca no proxecto HEI4Future. Este evento estará centrado no desenvolvemento de ideas de negocio e a creación de comunidades de persoas emprendedoras. Que conseguirás no evento?
- Desenvolver ideas innovadoras e utilizar ferramentas de design thinking.
- Mellorar a rede de contactos.
- Construír prototipos físicos e dixitais.
- Identificar e segmentar perfís de clientes.
- Validar as hipóteses de mercado e identificar as métricas de valo.
- Recibir feedback de mentores e clientes e pivotar unha e outra vez ata encaixar.
- Deseñar estratexias de márketing.
- Organizar o traballo en equipo.
- Crear presentacións con impacto e realizar o Elevator Pitch fronte a un xurado.
O evento realizarase desde a tarde do 18 de novembro ata a mañá do domingo 20 en Vigo, na sede de Zona Franca na rúa O Porto.