I Foro Internacionalización

O 30 de marzo ás 9:30 celebraremos o I Foro de internacionalización e emprendemento no sector da automoción e a mobilidade en Porto do Molle, Nigrán.
Relatores expertos e startups con experiencia internacional compartirán os seus coñecementos cos promotores das catro edicións da Incubadora. O obxectivo será o de identificar oportunidades para a expansión a novos mercados, intercambiar experiencias en materia de innovación e tecnoloxía relacionada co sector e fomentar alianzas entre os proxectos incubados e as contrapartes convidadas.
A continuación a programación do evento e o botón para inscribirvos: