Así foi o II Foro-Feria de HTA

Desde que iniciaron o seu camiño en HTA ata que participaron neste evento os proxectos demostraron estar a asimilar todo o aprendido e ser agora capaces de comunicar.
Neste II Foro tivemos de todo: tendencias de mobilidade da man de Gradiant, unha mesa de experiencias con Perfect numbers, Netun Solutions e Certifix, networking, stands e pitchs.
Puidemos escoitar a: 5special, Cariot, Despunte, Motocicleta Adaptada, Escola Dixital Autotrónica e MoRe.