Autolang

Autolang

Descripción

O proxecto Autolang parte da necesidade de facilitar, centralizar e disponibilizar comunicacións multilingües a través de un só canle, neste caso unha app, coa que poder:

  1. Realizar traducións automáticas con motores de aprendizaxe profundo de calidade como apoio informal a operarios, executivos e responsables de proxectos.
  2. Encargar traducións humanas completas e revisadas para comunicacións formais.
  3. Axendar servizos de interpretación en remoto a través de profesionais especializados en automoción para reunións, teleconferencias e outros eventos en vivo.
  4. Encomendar traballos de subtitulación, transcrición e voice-over para materiais de marketing e audioviduais multilingües.
  5. Ter un rápido acceso a un repositorio de recursos lingüísticos válidos para o sector da automoción, como bases de datos multilingües, glosarios especializados, diccionarios e tesouros de referencia.

Esta ferramenta informática estará nutrida coas nosas bases de datos de proveedores fiables especializados en automoción/electrificación (menos no caso da traducción automática e das fontes de referencia). Os intercambios que antes podían levar días e múltiplas pesquisas en busca de profesionais, se reducirían a tempos de horas, con operacións automatizadas iniciadas desde a app polos usuarios pero supervisadas por xestores de proxectos de tradución/interpretación con ampla experiencia no sector.