Bioenergy Motors
Descripción

Bioenergy Motors é unha empresa galega nada no 2021 dedicada a prover produtos e servizos vinculados á mobilidade eléctrica de dúas rodas.
Todo está planificado para que este decembro do 2021 estreen o primeiro servizo de moto- sharing a través dunha app, en Galicia.
O alugueiro de motos por minutos farase unha realidade inicialmente en Vigo para despois expandirse polo resto da Comunidade Galega.
Os primeiros puntos da cidade viguesa onde está planificado prover do servizo é en Praza América e no Porto de Vigo, próximo ao Centro Comercial A Laxe.
Posteriormente Bioenergy planea desenvolverse en 3 etapas posteriores ao moto- sharing:
- Comercializando e rentando motocicletas eléctricas da marca en España.(2021-2022)
- Fabricando en España motocicletas eléctricas da marca, xunto ás súas baterías.(2022-2023)
- Fabricando en España motocicletas eléctricas propulsadas a través de hidróxeno.(2023-2024)