Biohemp
Descripción
Carbon Negative Natural Fibers
Nanosa by BIOHEMP
Biohemp é unha iniciativa industrial que xorde para dar resposta á necesidade de descarbonización e redución de plásticos das industrias de materiais avanzados mediante o uso de biomateriais e fibras naturais. De maneira concreta apuntamos ao cáñamo e ao kenaf como cultivos de referencia na transición cara aos biomateriais pola súa alta eficiencia agrícola, potencial de rexeneración da terra, absorción de CO2 e rendemento técnico.
Por que o Cáñamo?
- O cáñamo é un cultivo multipropósito de gran eficiencia agrícola.
- Produce simultaneamente madeira, fibras naturais e outros produtos con valor alimenticio e cosmético
- As fibras longas poden usarse directamente en téxtiles non tecidos ou descompoñerse para servir como material de reforzo en composites
- Non require de pesticidas nin herbicidas Produce 4 veces máis celulosa que calquera outro cultivo forestal
- Absorbe ata 15 toneladas de CO2 por hectárea plantada converténdose nun gran sumidoiro de CO2
- Rexenera a terra e mellora a produtividade agrícola se se introduce como cultivo rotacional
- Require escasos insumos e nulo mantemento
Por que en Galicia?
A integración do Cáñamo nas cadeas de produción de materiais avanzados é unha realidade noutros hubs do automóbil. Por exemplo en Francia, Faurecia e unha cooperativa agrícola conformaron unha sociedade conxunta ( APM) para a fabricación de interiores a base de cáñamo.
Galicia, con máis de 250.000 hectáreas agrícolas abandonadas e máis de 60,000 hectáreas dedicadas a millo forraxeiro nas que o cáñamo podería entrar como cultivo de rotación, ten a capacidade de desenvolver unha industria do Cáñamo rexional competitiva que alimente as cadeas de produción con biomateriales.
A aposta por estes cultivos industriais permitiría:
- Mobilizar terras agrícolas actualmente abandonadas
- Reducir a pegada de carbono da industria dos materiais
- Fortalecer a soberanía en materiais da rexión
- Adaptarse aos novos requirimentos da Política Agraria Común (PAC) que impón rotación de cultivos, e cultivos absorbedores de CO2
- Catalizar o desenvolvemento das bio-industria rexional ao poder combinarse as fibras do cáñamo con outros biomateriales
Produtos
As altas concentracións de celulosa nas fibras longas do Cáñamo fano un material de enorme valor e versatilidade.
A partir do Cáñmo e outros cultivos con usos industriais ofrecemos tres grupos de produtos
- Fibras: fibras longas que tras a súa cotonización poden utilizarse en téxtiles non tecidos ou fiarse para fabricar teas para tapicería, ou mantas como para fabricación con resinas por moldeo por inxección ou compresión.
- Composites: mediante a incorporación ao proceso de compounding de pellets para inxección de fibras de cáñamo micronizadas como material de reforzo.
- Nanocelulosa: Un material revolucionario que nos próximos anos incorporarase de maneira pervasiva na industria dos materiais como aditivo en polímeros, composites e revestimentos.
próximos años se incorporará de manera pervasiva en la industria de los materiales como aditivo en polímeros, composites y revestimientos.
Servizos
Ofrecemos unha gama completa de servizos que permiten o desenvolvemento rexional desta industria
Servizos Agrícolas Asesoramos a agricultores interesados na introdución de cultivos con usos industriais nas súas planificacións agrícolas |
![]() Materiais Dispomos da primeira capacidade de transformación primaria de fibras naturais en España e una amplo catálogo de bio-materiais de altas prestaciones |
![]() Deseño Cos nosos socios tecnolóxicos asesoramos, formulamos, deseñamos e concebimos produtos a base bio-composites e fibras naturais |
![]() Prototipos Construimos primeiras tiradas de produtos a base de fibras naturais y biomateriais |

Os nosos socios tecnolóxicos
O desenvolvemento desta bio-industria de alto valor e impacto rexional é planteable pola existencia dun potente ecosistema científico-técnico no dominio das fibras, os polímeros e os biomateriais
