Cariot

Cariot

Descripción

CARIOT

Proxecto de igualdade dixital e interconexión


Como apaixonados da innovación e emprendemento definíndonos como unha mestura explosiva de razón e emocións, presentamos o proxecto CARIOT co obxectivo de democratizar o acceso á tecnoloxía dentro da automoción.

 

PROPOSTA DE VALOR

CARIOT nace como un proxecto que nos levou a desenvolver unha serie de ferramentas tecnolóxicas, tanto hardware como software, que permiten mellorar a interconexión coa plataforma DXT 3.0 e contribuír á mellora da experiencia de usuario independentemente do modelo de vehículo. CARIOT non pretende ser exclusivamente un OBDII para coñecer os valores do vehículo senón darlle unha experiencia de usuario única ao condutor, independentemente do modelo do seu coche, que iguale as prestacións en canto a tecnoloxía dos diferentes modelos de coche, independentemente da súa idade. Actualmente a media do parque automobilístico en España supera os 13,5 anos, e vai en crecemento. Polo que boa parte dos coches non estarán conectados en 2026 á plataforma DXT 3.0. Con esta proposta, non soamente podería a chegar a estar conectado o 100% dos vehículos senón que tamén melloraría a súa seguridade e experiencia de usuario.

Que facemos? SOLUCIONAMOS PROBLEMAS

Visión

A nosa visión é contribuír ao obxectivo que se marca desde a Unión Europea de cero vítimas mortais nas estradas en 2050, así como, democratizar o acceso á tecnoloxía.

Vantaxes do proxecto

Por unha banda, mellora a experiencia do usuario, UX, tanto en marcha como estacionado:

  • Subir ou baixar portelos.
  • Aviso de portas abertas.
  • Abrir ou pechar o coche a distancia.
  • Aviso de cintos.
  • Aviso de exceso de velocidade permitida.
  • Localización en caso de avaría.


Permite a conexión coa plataforma DXT 3.0 de calquera vehículo a través de:

  • 5G
  • 4G
  • 3G
  • 2G
  • NB-IoT


Valores do proxecto

  • Experiencia de usuario
  • Seguridade
  • Interconectividad
  • Accesibilidade
  • Democratización da tecnoloxía


Os nosos FITOS

Fito 1                           2020

Estivemos a traballar no desenvolvemento da placa que se conectará no ODB II. Probándoa en diferentes usos.

Fito 2                          2021

Conseguimos un MVP para utilizar este sistema de comunicación en diferentes áreas como a agricultura de precisión.

Fito 3                          2022

Ingresamos na Incubadora HTA para adaptar a nosa solución ao sector da automoción, tendo como marco referencial a DXT 3.0.

Fito 4                          2023

En 2023 pretendemos acelerar o proxecto grazas a HTA e a todo o ecosistema do automóbil que está detrás como CEAGA ou CTAG.

 

PRÓXIMOS PASOS

Encamiñados a pechar os Gaps cos que nos imos atopando para crear un produto sólido que poida impactar no mercado

  1. Estudar as posibilidades que ofrece DXT 3.0 para solucións como CARIOT poidan conectarse á plataforma.
  2. Traballar na Experiencia de Usuario (UX), preguntando aos clientes o que queren, o que lles gustaría... e neste sentido crear unha APP de control.
  3. Contactar con diferentes marcas para obter a conexión coas súas librerías onde podamos obter os datos, acorde ás necesidades dos usuarios.