Certifix

Certifix

Descripción

Logo Certifix

Certifix é un Servizo Técnico de Reformas revolucionario, que cho pon máis fácil que nunca para homologar a reforma do teu vehículo.


Certifix, máis fácil, máis preto.

 

Que é unha Reforma?

Unha reforma é calquera modificación realizada sobre un vehículo matriculado exceptuando o cambio de cor e a substitución de pezas por recambios equivalentes.

Imagen coche

 

Que tipos de Reformas hai?

Tipos de reformas

Como certifico a miña reforma?

Emitiremos un Informe de Conformidade para que o presentes na ITV, que inspeccionará fisicamente o teu vehículo. Non é necesario que traias o vehículo ás nosas instalacións, solicitarémosche documentación para revisala de forma remota e dixitalizada.

 

Que é Certifix?

Somos un STR, Servizo Técnico de Reformas, unha entidade encargada de avaliar e certificar o cumprimento das características dun vehículo, os seus partes e compoñentes coa normativa europea aplicable tras unha reforma.

 

Que nos diferencia?

Certifix xorde como unha idea co obxectivo de dar a coñecer o mundo das reformas de vehículos e todas as súas peculiaridades. Temos un equipo moi competente e motivado que rema todo na mesma dirección e sempre ao redor dos nosos valores:

  • Transparencia
  • O cliente no centro
  • Dixitalización e proactividade

Queremos enforcarnos no particular e as súas consultas para converternos nun servizo de referencia e utilizar a nosa páxina web para crear unha Comunidade de amantes e profesionais do motor, non dubides en visitarnos!