Climatización I.A.
Descripción
Que é climatización I.A?
Este é un produto creado para o control da temperatura interna de calquera vehículo, de maneira intelixente e automática.
- O principio de funcionamento baséase no control dun microcontrolador suxeito ao peche centralizado do vehículo, xa que, o seu obxectivo é traballar en momentos de inactividade do propio vehículo.
- Para medir a temperatura utilizarase un sensor resistivo PT100 acondicionado mediante unha ponte wheastone, para ofrecer a maior linealidad e sensibilidade posible.
- O control da temperatura realizarase mediante un regulador PID programado en Arduino, o cal controlará o climatizador do vehículo, desta maneira obtense un control máis suave e estable o cal non producirá grandes descargas de tensión na batería.
- O control do climatizador basearase no nivel de líquido de refrixeración, e na velocidade do motor de ventilación.
- Por último, utilizarase un módulo de IOT para a interacción co individuo, a comunicación realízase mediante wifi ou bluetooth. Desta maneira, é o propio individuo o que programa as horas efectivas do uso do microcontrolador, evitando un gasto de corrente excesivo da batería, creando un sistema autosuficiente e eficaz.