Deep Design Systems

Deep Design Systems

Descripción

 Logo Deep Design 

Hai décadas que o automóbil deixou de ser o centro de expresión cultural como o foi outrora. As tendencias actuais requiren outro tipo de respostas distintas das ofrecidas polas compañías de automóbiles hoxe en día. É por iso polo que estas compañías loitan por adaptar os seus produtos ás novas demandas da sociedade e é por isto polo que todas as fases de produción dun automóbil necesitan readaptarse (se non o fixeron aínda) para responder eficazmente ás novas métricas sociais.

En Deep Design Systems cremos que a través da actualización das metodoloxías asociadas aos procesos creativos de deseño, podemos revalorizar esta fase de desenvolvemento, incrementando a súa eficacia e contribuíndo a que o automóbil sexa, de novo, un obxecto de interese social.

Para tal fin, en Deep Design Systems estamos a desenvolver un asistente creativo baseado en técnicas de intelixencia artificial e dirixido aos departamentos de deseño das compañías de automóbiles, desta forma aumentamos as súas capacidades e evitamos pescozos de botella na cada vez máis complexa toma de decisións.

Estamos a falar dunha vantaxe competitiva única para os usuarios deste asistente, xa que permitirá aos estudos de deseño xerar propostas de estilo nuns cuantos clicks, reducindo o ciclo de deseño de semanas a horas.