Escuela Autotrónica

Escuela Autotrónica

Descripción

A escola de Autotrónica nace no 2.014 para cubrir unha necesidade de formación na electrónica automotriz. Pasou por varias etapas: impartiu máis de 100 accións formativas a máis de 1.000 estudantes, pero agora quere dar o salto cara a unha formación en formato dixital, a través dunha plataforma de cursos e a animación en 3D dos seus contidos.

Preténdense desenvolver tres liñas de formación: unha a través dunha aula virtual; a primeira só con cursos en vídeo e animacións 3D, a segunda como unha escola on-line con interacción entre docentes e estudantes, e unha terceira cunha aula física.

Na aula virtual desenvolvésense cursos dos sistemas autotrónicos dos vehículos, contando con varios niveis: un nivel básico da electricidade e a electrónica aplicada ao automóbil, un nivel intermedio describindo o funcionamento dos distintos sistemas autotrónicos do automóbil, diferenciándoos por categoría de vehículos (Maquinaria pesada, cabezas tractoras, vehículos, motocicletas, lanchas), por marcas, por modelos, e por sistemas.

Os vídeos e as animacións en 3D serán fundamentais para o desenvolvemento dos cursos on-line, e como fundamento para buscar a interacción entre docentes e estudantes, e para presentar as maquetas na aula física.

A escola de Autotrónica ten 4 eixos de funcionamento. 

  • Investigacion en autotrónica.
  • Enxeñería Inversa.
  • Desenvolvemento de contido dixital
  • Formación