FTC Smart Solutions

FTC Smart Solutions

Descripción

FTC Smart Solutions

FTC Smart Mobility, by FTC Smart Solutions GROUP, é un proxecto que busca dar un acceso á mobilidade dunha forma económica e eficiente, baseada no uso de tecnoloxías, xa existentes, adaptadas a través da impresión en 3D.

Hoxe en día, o acceso a este tipo de tecnoloxía ten unha limitación económica importante, porque os prezos son moi superiores en comparación cos Vehículos de Movilidad Persoal (VMP), onde existe unha gran variedade de modelos e prezos. Usando os VMP como base, cunha adaptación para o seu uso por parte de persoas con mobilidade reducida, poderíase dar un acceso a persoas, que nestes momentos, non dispoñen dunha capacidade económica suficiente como para afrontar a compra dos actuais modelos do mercado. Adaptándose ao estándar os VMP, conseguiríase unha importante baixada de custos co que se daría un acceso a un público máis amplo e co apoio dunha explotación turística daríase un impulso económico ao proxecto cun gran impacto visibilidade pola cidade, ampliando a publicidade e facilitando a primeira toma de contacto co público obxectivo.

A tecnoloxía dos Vehículos de Movilidad Persoal (VMP) está moi desenvolvida nestes momentos e usando esa gran base xa existente, pódese adaptar a diferentes usos a través da impresión en 3D con difentes tipos de materiais que se personalizan e axustan ás características de cada usuario, usando os mesmos modelos de motores e baterías, imprimindo en 3D as fixacións dunha maneira personalizada, sinxela e moi eficiente.

Ao aproveitar o uso dunha tecnoloxía dos VMP, xa desenvolta o suficiente, para que haxa unha gran variedade en modelos e prezos, unida á impresión 3D, que permite unha liberdade total, á hora de moldear dunha maneira sinxela e moi eficiente, calquera tipo de peza para que se adapte aos diferentes modelos de vehículos, creando unha sinerxia entre dúas tecnoloxías que están a revolucionar, por separado, os seus campos e que unidas, evitarían custosos procesos de fabricación, xa que se adaptaría con facilidade, por exemplo, aos diferentes modelos de cadeiras de rodas, aínda que sería facilmente extrapolable noutros ámbitos da mobilidade reducida.

A día de hoxe, existen unhas alternativas que, aínda que fan un servizo moi funcional, non é unha tecnoloxía ao alcance de persoas discapacitadas con capacidade económica limitada, xa que teñen unha carga económica importante dado a cantidade de custos directos e indirectos da discapacidade. Sendo un auténtico artigo de luxo, entre 800 e 1500€ unha roda motriz para unha cadeira de rodas.

FTC Smart Solutions

A utilización da gran variedade de alternativas dos VMP, coas modificacións necesarias para cada persoa, a través das impresións 3D, farían moito máis accesible a mobilidade persoal para persoas que nestes momentos, non se poderían expor deixar de ter unha dependencia total permanente, que con todo, hoxe en día, a tecnoloxía sí permite dunha maneira máis económica e dunha maneira totalmente funcional.

O mercado obxectivo son as persoas con calquera limitación de mobilidade e as asociacións e organizacións que realicen actividades con persoas discapacitadas, axencias de cooperación e de desarollo, organizacións non gobernamentais, administracións públicas nos seus diferentes ámbitos.

FTC Smart Solutions

FTC Smart Solutions

FTC Smart Solutions

A proposta de valor é a posibilidade que dunha maneira eficiente, únanse dúas tecnoloxías aparentemente diferentes, que unidas, fagan a simbiose perfecta, para poder ofrecer un servizo moi accesible e maleable na súa adaptación e personalización, que se poderá utilizar en múltiples formas de ofrecer unha certa independencia, a persoas con mobilidade reducida.

Os sistemas xa instaurados e o suficientemente probados que existen agora, que utilizan unha tecnoloxía, en cuestión de mobilidade, aparentemente moi parecida.

A viabilidade do modelo de negocio, é a de diversificar en diferentes ámbitos os modelos adaptados, por exemplo, coa explotación, a través dun sistema de alugueiro e mantemento dos mesmos, garantindo unha actualización e renovación de equipos, con fórmulas similares aos que xa hai hoxe en día para outro tipo de vehículos ou produtos.

O proxecto está en fase inicial, probas de vehículos adaptados e diferentes solucións eléctricas, a través dos diferentes VMP, para poder ofrecer unha solución eficaz e personalizada, para atopar a mellor solución en cada caso.

Xan González Avendaño, Tecnócrata, Deseñador gráfico e "Máster en empatía" A miña experiencia con persoas de mobilidade reducida e discapacitada, a tecnoloxía e o acceso a información e a inquietude por poder usar a tecnoloxía polo ben común, en lugar que sexa unha barreira económica insalvable. Unha tecnoloxía de código aberto.