Kad
Descripción
Deixarse esquecidos bebés ou nenos dentro do coche é algo infrecuente. Pero sucede, e ás veces este esquecemento ten tráxicas consecuencias. Para evitar que isto ocorra, o proxecto empresarial Kad, que forma parte da incubadora High Tech Auto, desenvolveu un sistema que permite a detección de seres vivos cando se acciona o peche do coche.
Para alertar do posible esquecemento, cando se acciona o peche do coche, Kad detecta a presenza de nenos ou mesmo de mascotas e actúa poñendo en funcionamento o sistema de climatización do vehículo para evitar golpes de calor (no caso de vehículos modernos que o permitan). Ademais, Kad avisa ao propietario do vehículo da situación e, no caso de que este non responda o aviso, ponse en contacto cos sistemas de emerxencia, aproveitando o sistema de GPS e a localización do vehículo, que tamén rexistra.