Minacro
Descripción
Proxecto dedicado á reciclaxe de vehículos clásicos, electrificación e actualización de compoñentes (retrofit). Dar unha segunda vida, actualizada e adaptada ás novas normativas anticontaminación a modelos clásicos e icónicos.
Misión, Visión e Valores
Facilitando a oportunidade de ser único, de gozar da paisaxe, de transformar o cotián, de xogar como os nenos.
Protexer o legado do automóbil outorgándolle unha personalidade propia, dándolle unha nova vida chea de frescura e beleza.
Fundíndose coa contorna sen alteralo, sendo parte do silencio, respectando o aire, acariñando o mundo. Transmitindo ao condutor a harmonía e a felicidade do agasallo que lle deu a vida ao poder estar aquí e agora.
En MINACRO pasámonos a vida imaxinando un lugar mellor a cada pouco. Facendo ao cliente partícipe desa filosofía potenciamos a súa creatividade. Queremos saber que ama na vida. Trasladar esa visión a un obxectivo é o noso labor.
Crer é crear. O noso equipo está formado por persoas especiais que ven o mundo con cores vivas, que se bañan de luz, que respectan o natural, que valoran a felicidade.
Rompemos a monotonía para sorprender a cada cliente. Dámoslle a cada clásico unha nova oportunidade achegándoo a calquera persoa. Convertémolo nun xoguete e ao seu propietario nun neno de novo.
A nosa intención é deixar este planeta mellor de como nolo atopamos gozando dos praceres da vida a cada pouco. Para compartir a nosa visión do mundo con todo aquel que desexe creamos MINACRO.
Unha empresa que nace coa intención de encher dous baleiros existentes no mercado do automóbil actual:
Os coches de hoxe son aburridos. Os coches de onte son complicados.
A customización converte en único cada obxecto outorgándolle un valor engadido. O retrofit integral abre un novo mercado cheo de posibilidades para facer da de mobilidade un acto lúdico, respectuoso e sostible.