MoRE

MoRE

Descripción

O proxecto de Mobilidade Rural Eléctrica nace da observación de que as necesidades de mobilidade nas zonas rurais son distintas ás das zonas urbanas e de que as solucións globais, polo xeral, non son trasladables a estas zonas rurais. A dispersión da súa poboación, o seu envellecemento e falta de dixitalización, o déficit de recursos, de infraestruturas… e en xeral a existencia de necesidades diferentes, dificulta a súa mobilidade e faina menos sostible incrementando, entre outros, o risco de despoboamento destas áreas.

Estímase que existen aproximadamente 8 millóns de vehículos de combustión en zonas rurais dos cales case o 30% xa alcanzou os 20 anos de idade, e 3 de cada 4 superan os 10 anos de idade. Con todo, o 94% da poboación destas zonas non se plantexa adquirir un coche máis ecolóxico nos próximos anos.

O principal reto que hai que asumir nestas zonas é a concienciación, dar a coñecer que a mobilidade sostible pode atraer grandes oportunidades para o medio rural.

E neste camiño cara á mobilidade sostible deben involucrarse tanto os Concellos como os cidadáns. Os primeiros, sentando as bases para que o territorio dea respaldo e cobertura ás necesidades que poida traer a implantación do vehículo eléctrico, e os segundos, comprometéndose coas novas alternativas á mobilidade e ao seu beneficioso impacto na saúde das persoas e no cambio climático.

Con este proxecto preténdese concienciar á poboación rural, a través dos seus Concellos, das vantaxes da mobilidade eléctrica dando exemplo coa instalación de cargadores de baixo custo e fácil operación nas distintas localidades rurais de cada Concello e provelas dun ou máis vehículos eléctricos adaptados ás súas necesidades para comprobar de primeira man que a mobilidade sostible e o medio rural son totalmente compatibles.