Motocicleta adaptada

Motocicleta adaptada

Descripción

Este proxecto consiste no desenvolvemento dunha motocicleta adaptada para o seu uso por persoas de mobilidade reducida (PMR), especialmente para persoas en cadeira de rodas.

O produto final é unha motocicleta como calquera outra que se pode atopar a día de hoxe circulando polas rúas, coa diferenza de que está especialmente pensada para que PMR poidan acceder a ela, conducila de maneira segura e estacionar o vehículo dunha maneira completamente autónoma. A concepción do deseño leva a cabo desde 0, achegando todas as facilidades que se poden necesitar desde o acceso ao vehículo ata o seu estacionamento e baixada do mesmo.

A idea inicial xorde co afán de romper as barreiras que historicamente se atopan algúns sectores da sociedade, neste caso permitindo que unha persoa que ata día de hoxe non podía conducir unha motocicleta poida facelo dunha maneira totalmente autónoma e cotiá.

Contacto: alvaro.st1997@gmail.com