ODCM Corte Láser

ODCM Corte Láser

Descripción

ODCM é un proxecto que buscar darlle resposta a unha pregunta simple: Cales son os requirimentos non cubertos polos provedores de corte láser na área de Galicia?

Despois de consultar a múltiples empresas que empregan o servizo de corte láser, así como tamén a provedores de maquinaria de corte láser e provedores de servizos afíns, pódese dicir que os requirimentos máis importantes son: tempos de entrega, calidade, custos.

Unhas das maiores vantaxes do corte láser é que sempre que se realicen as operacións correctamente os cortes son perfectos. Con todo, os tempos de entrega tenden a ser un dos factores de maior descontento entre os clientes. O entregar un proxecto fóra de tempos produce serios problemas nos procesos produtivos das empresas.

ODCM Corte Láser ten como principal misión ter os máis altos estándares de calidade. Para iso apoiarémonos nas tecnoloxías máis punteiras do sector, sempre tendo en conta o tempo como o noso maior valor agregado para conseguir ser referentes en puntualidade.