Proyecto Trébol

Proyecto Trébol

Descripción

A industria 4.0 está a traer cambios importantes nos procesos de fabricación, permitindo a toma de decisións en tempo real e simplificando, mediante a fabricación aditiva, a creación de diversas pezas: compoñentes de molde, pezas aeronáuticas, pezas para o sector protésico… partindo de modelos 3D.

O proxecto Trébol quere ser parte deste cambio, e para iso pretendemos fabricar impresoras 3D de leito de po metálico (SLM). Ofreceremos ao cliente tanto formación, como comercialización das impresoras que fabricamos, venda de software, consumibles e máquinas de postprocesado das pezas impresas.