Regulación EDSM
Descripción
Este proxecto nace a partir da idea de que a enerxía máis limpa é aquela que non se consome. Partindo desta base, o que se pretende é dotar á industria dunha ferramenta fiable e versátil, que lle permita optimizar ao máximo o seu rendemento desde o punto de vista do consumo enerxético.
Esta ferramenta, enfócase principalmente no control de velocidade e/ou par dos motores de indución (ou de gaiola de esquío). Utilizando como base os actuais variadores de frecuencia, e implementando un algoritmo de control baseado na intelixencia artificial, conséguese un dispositivo robusto e de fácil instalación que non require de mantemento algún.
Paralelamente, aproveitando ao máximo as oportunidades que ofrece o mercado en canto á manipulación e procesado de grandes volumes de datos, empréganse as medicións de distintas variables intrínsecas ao dispositivo para monitorar e almacenar os datos operativos do motor en tempo real.

Obxectivos
Por unha banda, reducir o consumo de enerxía eléctrica mediante a implementación do dispositivo, que adapta o consumo do motor de forma automática e intelixente conforme ás perturbacións externas.
Doutra banda, ofrécese a posibilidade de monitorar e crear un histórico de datos do consumo e desempeño do aparello. Isto permite ao cliente obter feedback inmediato do rendemento da súa actividade.
Consecuentemente, pódense cruzar estas medicións con datos de layout e estratexias de manipulación de materias primas na contorna produtiva e, no caso de frotas de vehículos, coa localización gps en tempo real. Desta forma, tense a posibilidade de relacionar os valores de consumo enerxético con outras variables que a priori están desacopladas, ou das cales se descoñece o seu grao de afectación e interrelación.
Resumo
Dispositivo autorregulado que reduce o consumo de enerxía eléctrica nos motores de indución (e alonga a autonomía e vida útil das baterías no caso de empregarse como sistema de propulsión nun vehículo) e que permite a conectividade e almacenamento de datos en tempo real.