Stobeam

Stobeam

Descripción

O proxecto STOBEAM

Este proxecto nace da necesidade de automatización en procesos de decapado industrial que actualmente levan a cabo operarios de maneira manual, cos consecuentes problemas de operación, como a súa pouca repetibilidad e alto tempo de operación.

A nosa proposta

Especializados en tecnoloxía láser e automatización, desenvolvemos e fornecemos unha primeira máquina capaz de realizar operacións de maneira simple, eficiente e automática. O decapado mediante láser proporciona unha gran velocidade de procesamento, un acabado final perfecto e moi alta fiabilidade.

A versatilidade do láser, xunto á experiencia do equipo que formamos STOBEAM en desenvolvemento de máquinas a medida, permítenos expandir o proxecto a calquera outro proceso, susceptible de ser realizado mediante esta tecnoloxía.

As nosas solucións tamén son completamente configurables ás necesidades do cliente como adaptalas a traballo en liña, carga/descarga robotizada, ambientes alimentarios ou limpos, etc…