Tracking NW

Tracking NW

Descripción

TRACKING NW

Proxecto de interconexión de información

PROPOSTA DE VALOR

Tracking NW ten como obxectivo mellorar a xestión das empresas de transporte e loxística, a través da interconexión dos principais sistemas de información:

  • Software de xestión de cargas: data de carga, lugar de carga e entrega, pesos...
  • GPS: posicionamento do vehículo, velocidade, combustible dispoñible…
  • Tacógrafo: horas de condución, descansos… podendo estar integrado co GPS.

Actualmente, estes puntos de información non están interconectados entre si, o que impide facer unha xestión eficiente dos procesos, provocando un desaproveitamento dos recursos existentes e/ou unha dedicación dos mesmos a tarefas que non achegan valor ao servizo prestado aos clientes.

Que facemos?

Visión

A nosa visión é aproveitando os sistemas de información dispoñibles, poñer ao dispor das empresas unha solución tecnolóxica que os integre en Gal-cloud Server onde, ademais póidase tomar como base a intelixencia artificial poder adestrar ao sistema para que considere tempos de descarga en cada cliente dentro das restricións xa existentes (descansos, horas máximas de condución, avarías, limpezas, etc.).

Vantaxes do proxecto

Reto loxística intelixente: procesos máis eficientes e flexibles, que ten como primeiro paso pasar da xestión en papel ou Excel a unha xestión dixitalizada que non dependa das persoas.

  • Optimización das cargas.
  • Toma de decisións en base a datos veraces e en tempo real.
  • Optimización de tempos mortos por espera de recepción de novas ordes de carga.
  • Mellora da planificación.
  • Integración horizontal e vertical nas empresas.

Reto xestión integral da cadea de valor: obter unha cadea de valor dixital, conectada e intelixente onde se poidan intercambiar datos entre empresas da cadea de valor non só para a optimización dos propios procesos, se non tamén para garantir a rastrexabilidade e conexión en tempo real.