Hackaton sobre mobilidade inclusiva

Esta fin de semana colaboramos con a Universidade de Vigo para celebrar 3 Days 4 Future, un programa intensivo de emprendemento en mobilidade inclusiva que se enmarca no proxecto HEI4Future. Este evento estará centrado no desenvolvemento de ideas de negocio e a creación de comunidades de persoas emprendedoras. Que se busca co evento?
Desenvolver ideas innovadoras e utilizar ferramentas de design thinking
Mellorar a rede de contactos
Construír prototipos físicos e dixitais
Identificar e segmentar perfís de clientes
Validar as hipóteses de mercado e identificar as métricas de valor
Recibir feedback de mentores e clientes e pivotar unha e outra vez ata encaixar
Deseñar estratexias de márketing
Organizar o traballo en equipo
Crear presentacións con impacto e realizar o Elevator Pitch fronte a un xurado
O evento realizarase desde a tarde do 18 de novembro ata a mañá do domingo 20 en Vigo, na sede de Zona Franca na rúa O Porto.