Amplicación do Autolab cunha inversión de 615.000 euros

O laboratorio de prototipos da High Tech Auto (HTA) contará con equipos innovadores de última xeración para que as startups participantes do programa teñan á súa disposición tecnoloxía de vangarda. Todo este equipamento axudará a que os proxectos incubados poidan realizar os seus prototipos, tanto en deseño como na fabricación, para facer probas de concepto e todo sen incorrer en custos", avanza o delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades.

O comité executivo do Consorcio deu o seu visto e prace á adquisición dun robot colaborativo con dispositivos de manipulación e servizo de apoio para o taller de prototipado rápido, Autolab da HTA.

Ademais, haberá unha máquina CNC -mecanización mediante control numérico computarizado, que serve para controlar de forma automática os procesos-, unha rede emulada 5G con edge compunting- un paradigma que despraza o procesamento de datos da nube ao seu lugar de orixe, reducindo a latencia e o consumo enerxético-, así como equipos e software de a área de dixitalización, automatización e TIC. O investimento:615.000 euros.

O Autolab, instalado provisionalmente nun dos edificios de Zona Franca en Bouzas e que será unha das dotacións do World Car Center. Xa conta con impresoras 3D, tanto de filamento como de resina, equipos de posprocesado de pezas, escáner 3D, secadora de filamento, cortadora de vinilo ou un equipo corte láser COs. Coa tecnoloxía que se incorpora agora, o investimento de Zona Franca rolda o millón de euros.

Podedes consultar a licitación aquí: